Noticias

Unha Brincadeira de cine

XVI Festa da Brincadeira ®

Que dicir sobre a XVI edición da festa, arrincou un venres ás seis da tarde, cun pequeno aviso de chuvia, pero as gaitas e as panderetas formularon a pócima perfecta para botala.

O sábado amaneceu coas suas mellores galas, os artesáns de oficio, preparaban as súas ferramentas para demostrarlle ao público uns oficio que por desgracia estase perdendo.

Ben adentrada a tarde, na alameda de Bouzas, presentábase o noso querido alcalde da mán das irmáns reis que grazas a elas, avistaron os navíos franceses. Desenvólvese unha pequena obra onde se explica o papel que tivo Bouzas na reconquista da cidade.

O sol seguía empuxando con forza e as rúas de Bouzas chegábanse de xubilo e música.

Nunca antes véramos a vila tan chea como nesta edición.

Último día e a vila engálase cos seus mellores galas, unha mestura de traxes tradicionais onde se podía ver o poderío adquisitivo das familias.

Que mais dicir, unha posta de sol que pecha unha edición do mais colosal, onde brincamos, cantamos e alzamos a voz en alto do que foi unha fermosa Vila.

Bouzas, 12 de Maio de 2024

Pode que che guste