Noticias

A Brincadeira de Bouzas agarda máis de 30.000 visitantes.

Abel Caballero anunciou que a Deputación xa traballa para que a Reconquista de Bouca sexa declarada de interese turístico de Galicia.

A Festa da Brincadeira de Bouzas celebra o domingo 5 de maio a súa décimo sexta edición e agarda a visita de máis de 30.000 persoas. A asociación veciñal organiza un ano máis a festa, que contará con 100 postos que abrirán dende as 11 da mañá ata as 12 da noite. Ás 20:30 horas terá lugar a actuación do grupo Los Coribantes na praia do Atrio.

O alcalde Abel Caballero subliñou que se trata dunha “romería urbana” na que se celebra a Reconquista de Bouzas, entón o concello, de mans francesas. O presidente da asociación veciñal, José Manuel Vidal, destacou a achega da Deputación, sobre todo en seguridade e limpeza, mentres que Eloy Piñeiro destacou que é “unha festa familiar para pasar o día en Bouzas con mercado e gastronomía”.

Caballero lembrou que a Deputación está a traballar na declaración dunha festa de interese turístico de Galicia «que gañará por méritos propios», dixo.

Normalmente a festa celébrase a fin de semana seguinte á Reconquista de Vigo, pero este ano atrasouse polo mal tempo.

Bouzas también participó en la expulsión de los franceses en 1809 y era su alcalde Cayetano Parada Pérez de Limia, cuya actuación fue fundamental para la Reconquista de Vigo. Se entrevistó con su amigo el alcalde de Vigo Vázquez Varela para establecer el cerco a la ciudad y atacó la Puerta de la Falperra, donde se libró una gran batalla.

Bouzas tamén participou na expulsión dos franceses en 1809 e foi o seu alcalde Cayetano Parada Pérez de Limia, cuxa actuación foi fundamental para a Reconquista de Vigo. Reuníuse co seu amigo o alcalde de Vigo Vázquez Varela para establecer o cerco da cidade e atacou a Porta da Falperra, onde se libraba unha gran batalla

Pode que che guste